Esta web quere buscar e contrastar ideas que melloren a cidade de Vigo. Envía a túa proposta, e vota e comenta nas que envíen outras persoas. As mellores destas ideas levaraas o BNG de Vigo no seu programa electoral.
Esta web promóvea o BNG de Vigo. O BNG cre na participación cidadá e na implicación de todos e todas, sexa cal sexa a súa cor política, na mellora do concello de Vigo.
A finalidade principal desta web é recoller propostas dos vigueses e das viguesas para conseguir uns barrios e unhas parroquias mellores. A web estará aberta para que todos e todas envíen, comenten e voten as súas propostas. Este proceso de participación durará até mediados do mes de abril, e rematará cando o BNG conclúa a redacción do seu programa definitivo.
Recolleremos as propostas viables máis interesantes —non necesariamente as máis votadas— e integraranse no programa electoral do BNG de Vigo. Eis o noso compromiso. Ademais, as propostas estarán a disposición de todos para que as utilicen e as aproveiten como desexen.
A participación necesita de diálogo e de boas maneiras. Polo tanto, non se permitirán comentarios ofensivos nin que entorpezan o libre intercambio de ideas (termos e condicións de uso).