Esta web quere buscar e contrastar ideas que melloren a cidade de Vigo. Envía a túa proposta, e vota e comenta nas que envíen outras persoas. As mellores destas ideas levaraas o BNG de Vigo no seu programa electoral.
Os textos e as propostas publicadas nesta web son propiedade do BNG de Vigo, que as publica e difunde a través de internet con licenza Creative Commons by-sa. Iso quere dicir que podes empregar estes textos e ideas como desexes, sempre que cites a súa orixe.
A web está creada empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3. En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.
Podes descargar o código fonte desta aplicación aquí: euparticipoenvigo.org.tar.gz (1.6MB), o código está liberado para fins de aprendizaxe e investigación, non se ofrece ningún soporte técnico nen axuda para a súa instalación